domingo, 29 de mayo de 2011

A tradición oral na comarca da Ulloa

A tradición oral na comarca da Ulloa
Unha aproximación descritiva e analítica
dende a experiencia docente.


A investigación e análise do material etnomusical centrado na comarca da Ulloa, procura a posta en valor do noso patrimonio cultural e artístico dende unha perspectiva docente. O desenvolvemento dun traballo de campo como actividade incardinada no currículo da materia de Música, persegue, cando menos, un dobre obxectivo: o pedagóxico/didáctico, polo alumnado implicado na actividade transversal e interdisciplinar, e o científico, transcricións, clasificación e análise formal (musical e literario) das pezas.
O cantigueiro que presentamos, xunto co estudo sistemático das estruturas musicais e textuais das pezas, constitúen un repertorio adaptado para a súa implementación nos centros educativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario