Interesante dúo musical: Violín e Trombón!!!!
Ad libitum
viernes, 16 de septiembre de 2011
domingo, 29 de mayo de 2011
A tradición oral na comarca da Ulloa
A tradición oral na comarca da Ulloa
Unha aproximación descritiva e analítica
dende a experiencia docente.
A investigación e análise do material etnomusical centrado na comarca da Ulloa, procura a posta en valor do noso patrimonio cultural e artístico dende unha perspectiva docente. O desenvolvemento dun traballo de campo como actividade incardinada no currículo da materia de Música, persegue, cando menos, un dobre obxectivo: o pedagóxico/didáctico, polo alumnado implicado na actividade transversal e interdisciplinar, e o científico, transcricións, clasificación e análise formal (musical e literario) das pezas.
O cantigueiro que presentamos, xunto co estudo sistemático das estruturas musicais e textuais das pezas, constitúen un repertorio adaptado para a súa implementación nos centros educativos.
viernes, 27 de mayo de 2011
Lectura recomendada
Artigo moi interesante publicado na revista TRANS - Revista Transcultural de Música co título: Práctica pedagógica y música tradicional; autor, Luis Costa Vázquez-Mariño.
http://www.sibetrans.com/trans
jueves, 26 de mayo de 2011
Ánimo Lucía!
A representante de España en Eurovisión, Lucía Pérez, fixo unha das mellores interpretacións dos últimos anos, por iso, quero expresar todo o meu apoio e darlle ánimo na súa exitosa carreira musical.
Susana Seivane visitou o noso centro!
A artista Susana Seivane participou nas Xornadas de Música Tradicional organizadas polo Departamento de Música do IES de Monterroso. Logo dunha interesante charla, interpretou algunha das pezas máis representativas do repertorio popular galego.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)